A FAPE solicita a Vocento unha negociación para evitar o peche da axencia de noticias Colpisa
A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) solicítalle á dirección do Grupo Vocento que agote as vías de negociación para evitar a extinción da axencia privada máis antiga de España. A FAPE considera pouco fundadas as razóns para extinguir o contrato de 26 periodistas se non aceptan unha rebaixa salarial do 10% antes do 15 de setembro.
A Federación insta ao grupo Vocento a considerar outras alternativas para evitar o peche dun medio de comunicación, especialmente na precaria situación do xornalismo español, que rexistra preto de 3.500 despidos desde novembro de 2008.















