Actualidade APSC
A FAPE e a APM esixen a continuidade do servizo informativo de Colpisa
28-09-2010
A Federación de Asociacións de Periodistas de España e a Asociación da Prensa de Madrid esixen que a axencia de noticias Colpisa siga funcionando, xa que marca un servizo informativo de calidade e rirgor, valores que se están perdendo nos medios de comunicación españois.
As dúas organizacións sinalan que os recortes de plantilla no xornalismo afectan á credibilidade e á calidade da información que chega á cidadanía. Así, a FAPE e a APM urxen ao Grupo Vocento, despois dun encontro para solidarizarse coa plantilla de Colpisa, a entender o xornalismo de calidade como un bo negocio e censuran a súa proposta de peche.















