Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

Taller de Periodismo Dixital para profesionais

23-09-2010

O primeiro Taller de Periodismo Dixital para Profesinais celébrase do 27 ao 29 de setembro e está dirixido por Mario Tascón, editor de lainformacion.com. A matrícula de 50 € ten unha rebaixa do 15% para asociados de FAPE, froito do acordo entre a Federación e a Universidad Europea de Madrid.

Este curso oriéntase a profesionais do xornalismo para tomar contacto coas principais ferramentas e procesos dixitais e comezar a transición cara ao novo contorno en expansión do xornalismo 2.0 e 3.0.

Pulse aquí para consultar o programa.

Actualidade APSC

Convocatoria de rolda de prensa para xoves, 23 ás 17:00 na Galería Sargadelos sobre os Encontros de Xornalistas

22-09-2010

Mañá xoves 23 de setembro ás 17:00 h na Galería Sargadelos (Rúa Nova, 16; Santiago de Compostela) e coincidindo co Día Internacional en contra da explotación e tráfico de mulleres, a Asociación de Periodistas de Santiago presenta en Galicia a campaña nacional das Redes de Periodistas con Visión de Xénero para a retirada da prensa dos anuncios de prostitución, que xusto está pendente de regulación tras unha iniciativa de UPN, apoiada onte polo pleno do Congreso, para eliminar a publicidade relacionada co comercio sexual.

Nesta convocatoria, intervirán Tona Gusi e Lidia Vilalta, integrantes das Redes, que presentarán tamén o III Encontro Estatal de Periodistas con Visión de Xénero, que se vai celebrar o sábado, 25 de setembro, no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Nesta xuntanza analizarase a evolución das Redes de Periodistas con Visión de Xénero desde encontros anteriores. E previo ao III Encontro, desenvolverase desde primeira hora da mañá o I Encontro de Xornalistas Galegas, no que se debaterán temas como a visión de xénero na información, o “empoderamento” e a crise laboral. A este acto están convidadas todas e todos os xornalistas, así como traballadoras e traballadores dos medios de comunicación galegos.

Actualidade APSC

A FAPE censura o expediente de extinción de contratos para o peche de Colpisa

22-09-2010

A Federación de Asociacións de Periodistas de España pídelle ao grupo Vocento que retire a súa proposta de extinción de 27 contratos, correspondentes aos 27 empregados do medio, e que abra unha negociación para evitar a desaparición dun medio de comunicación que xenera beneficios.

A FAPE non comprende os motivos da dirección de Colpisa, que alega unha situación económica insostible, en contraposición cos datos difundidos polo Comité de Empresa da axencia, que pasou de ter perdas en 2007 a obter ganancias en 2009.

A FAPE tamén está preocupada por outras decisións do Grupo Vocento, coma o destamantelamento da cadea autonómica Las Provincias TV en Valencia, co despedimento de 14 traballadores, e o peche da rotativa do diario Las Provincias, co de outros 23 traballadores.

Actualidade APSC

A FAPE aproba a Declaración de Pamplona

21-09-2010

declaracionpamplona

 

Foto: APN. De esquerda a dereita: Miguel Ángel Barón (presidente la Asociación de Periodistas de Navarra), Elsa González (presidenta da FAPE) e Nemesio Rodríguez (vicepresidente da FAPE)

 

A Xunta directiva da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) aprobou a Declaración de Pamplona a través da que insta a editores a entender o xornalismo de calidade como un bo negocio; realiza unha autocrítica pola perda da credibilidade e fai unha chamada ao recoñecemento dos dereitos de autor dos informadores. Neste documento tamén se compromete a fomentar a creación de colexios profesionais de xornalistas polo territorio nacional

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Descontos en espectáculos en MyEntrada.com

20-09-2010

MyEntrada ofrece descontos en espectáculos en Madrid e Barcelona a socios e socias de FAPE.

En Barcelona:
Desconto do 25% en funcións do 15 ao 30 de setembro de 40 El Musical
Desconto do 25% en funcións do 1 ao 8 de outubro en Hoy no me puedo levantar
Desconto do 20% na fución do 2 de outubro de Berto Romero, La Apoteosis Necia

En Madrid:
As funcións de Avenue Q do 24 de setembro a 20 e a 22 € en platea
Teatro El loco sueño de una noche de Verano por 10 €
Pequeño cuento de Shakespeare por 8 €
Desconto do 25% en Mamma Mia

Para máis información, consulte a páxina web: www.myentrada.com. Para calquera consulta, info@myentrada.com ou de luns a venres de 9:00h a 17:00h no teléfono 93 5 400 790.

Actualidade APSC

A APSC lamenta a desaparición de medios en galego e a perda de postos de traballo dos xornalistas

12-09-2010

A Xunta Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) acordou manifestar a súa preocupación pola progresiva desaparición de medios de comunicación que utilizan o galego como lingua de difusión, subliñadamente a histórica publicación A Nosa Terra, que permanece tan só coa súa edición dixital.

A APSC critica tamén a mala xestión empresarial dos medios que teñen que verse abocados a un peche patronal co conseguinte prexuizo para os xornalistas que traballan neles e que teñen que anotarse nas listas do paro.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Convocada a terceira edición do Premio Periodístico Fundación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

10-09-2010

O 30 de novembro finaliza o prazo para a recepción de traballos participantes na III edición do do Premio Periodístico “Fundación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña”. O primeiro premio está dotado con 4.000 euros e haberá un accésit de 1.000 euros para aqueles traballos de prensa, radio ou televisión en que se destaquen as actividades do CHUAC: investigación, cardioloxía, transplantes,  entre outros temas, e máis para promover a saúde a través dos medios de comunicación.

Os traballos terán que ter sido publicados ou emitidos nos medios entre o 1 de novembro de 2009 e o 30 de novembro de 2010. O premio está convocado polo Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC), coa colaboración da Asociación da Prensa da Coruña e de Pfizer.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A FAPE solicita a Vocento unha negociación para evitar o peche da axencia de noticias Colpisa

10-09-2010

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) solicítalle á dirección do Grupo Vocento que agote as vías de negociación para evitar a extinción da axencia privada máis antiga de España. A FAPE considera pouco fundadas as razóns para extinguir o contrato de 26 periodistas se non aceptan unha rebaixa salarial do 10% antes do 15 de setembro.

A Federación insta ao grupo Vocento a considerar outras alternativas para evitar o peche dun medio de comunicación, especialmente na precaria situación do xornalismo español, que rexistra preto de 3.500 despidos desde novembro de 2008.

Actualidade APSC

Descontos en servizos para asociados de FAPE

08-09-2010

A empresa de reservas por Internet, Hotelopia, que ofrece rebaixas do 11% sobre o prezo mínimo garantizado, presenta unha oferta especial para a ponte do Pilar, exlcusiva para asociados da FAPE, familiares e amigos, a destinos como Sevilla, Gran Canaria, Salou, Tenerife ou Madrid en España; Praga, París e Londres en Europa; desde 45 euros e ata un 60% de desconto.

Pulse aquí para consultar as ofertas.

Air Berlín, Mazda e casa rural La Solana tamén presentan vantaxes para asociados e asociadas a FAPE.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A xornalista Lydia Cacho gaña o I Premio Internacional de Periodismo Manu Leguineche

07-09-2010

xurado_premio_manuleguinec

Foto: Deputación de Guadalajara. Integrantes do xurado antes da deliberación. De esquerda a dereita: Vicente Romero, Montserrat Domínguez, Carlos Sanz, Marisa Ciriza, Nemesio Rodríguez, María Antonia Pérez León, Paco Audije e Miguel Ángel Aguilar.

 

A escritora e xornalista mexicana Lydia Cacho foi a galardoada co I Premio Internacional de Periodismo Manu Leguineche polo seu traballo de investigación e denuncia dos dereitos humanos e explotación sexual das mulleres e nenos. O xurado valorou a súa capacidade para exercer o xornalismo dunha maneira “valente e decidida”.

Os membros do xurado, despois de reunírense o luns en Guadalajara, onde compartiron un xantar con Manu Leguineche, fixeron público o seu fallo. Destacaron no labor da xornalista mexicana, o compromiso coa defensa dos dereitos humanos e a calidade do seu traballo. Cacho estivo, ademais, sometida a numerosas presións e ameazas motivadas polas súas investigacións periodísticas sobre redes de pederastia e prostitución.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Setembro 2010
D L M M X V S
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.