Actualidade APSC
Dor polo pasamento de Mariña Folgueira
15-08-2011
A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) amousou a súa dor e consternación pola morte da xornalista Mariña Folgueira Portela, quen fixera case que toda a súa carreira profesional á fronte do departamento de prensa do Parlamento de Galicia. Previamente traballara tamén en Radio Nacional de España en Galicia. Mariña Folgueira foi sempre unha compañeira que facilitou moitísimo o labor dos equipos de xornalistas especializados en información política e parlamentaria xa desde os tempos iniciais da autonomía galega. Gozaba do respecto e da calidade profesional por parte de todos e era moi coñecida nos círculos xornalísticos de Compostela. A APSC quere enviar unha sentida aperta de afecto a todos os seus familiares e amigos, e especialmente tamén ao seu home, Xosé López, compañeiro xornalista e catedrático de Xornalismo na USC.
















