Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

A APSC rende homenaxe a gran xornalista coruñesa Sofía Casanova

29-09-2011

sofia-casanova

•    Cúmprese o 150 aniversario de Sofía Casanova entre o esquecemento xeral

Tal día coma hoxe, 30 de setembro, pero hai 150 anos, nacía na que é hoxe céntrica rúa de San Andrés da Coruña a prolífica xornalista, escritora e poetisa Sofía Casanova Lutoslawsky, que morrera en Pòznan (Polonia) no ano 1958. Sofía Casanova foi basicamente coñecida por ser correspondente durante moitos anos do diario madrileño ABC para o que relatou os máis importantes acontecementos históricos do século XX, como a caída dos zares, a revolución bolxevique ou as dúas guerras mundiais. A xornalista galega viviu en primeira persoa e nos propios escenarios daqueles fitos mundiais porque residiu maiormente en Polonia, pero tamén en San Petersburgo, Moscova, Londres ou Paris. Chegou a entrevistar a Trosky nos comezos da revolución de 1917, relatou con horror a chegada das vítimas “gaseadas” durante a Gran Guerra onde tamén exerceu como enfermeira da Cruz Vermella, padeceu a irrupción bélica dos nazis en Varsovia e sufriu tamén a represión do estalinismo. Escribiu 20 libros, milleiros de artigos, ensaios e poemarios nos que non desbotou as súas raíces galegas. Mantivo relación con personaxes da época como Alfredo Vicenti, Emilia Pardo Bazán ou Castelao. De cando en vez viña por Galicia, onde tiña casa na Coruña e en Mera, onde naceu unha das súas tres fillas, Halina. Era membro correspondente da Real Academia Galega, institución que chegou a propoñela para o Premio Nobel.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Setembro 2011
D L M M X V S
« Ago   Out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.