Actualidade APSC
Asemblea Xeral da APSC
27-12-2011
Foto: Xoanma Porto. De esquerda a dereita, Rafael Cid, Áurea Sánchez, Luís Menéndez e Francisco J. Rodil
Un nutrido grupo de socios da APSC (Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela) reuníronse o día 21 de decembro para celebrar a súa asemblea anual no auditorio do hostal dos Reis Católicos, onde posteriormente tiveron un ágape navideño. Os xornalistas de Compostela repasaron as actividades do ano transcorrido destacando a crise pola que está a atravesar a profesión cunha alta taxa de paro e unha degradación constante da calidade da información. A APSC, que preside Luís Menéndez, impulsou durante 2011 varias iniciativas a nivel local, nacional e internacional, como a coñecida campaña contra as rodas de prensa sen preguntas, que será presentada proximamente no consello de Europa, en Estrasburgo. Tamén se porá en marcha un curso de formación para mulleres xornalistas especializado en información de xénero.
Foto: Xoanma Porto

















