Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

Reporteros sin Fronteras presenta en Madrid o seu Informe Anual 2011

08-02-2012

. “Sen liberdade de prensa non se pode falar de países con democracia”, asegurou a presidenta de RSF España, Malén Anárez, a quen acompañou no acto de presentación a editora do Telediario de TVE, Pepa Bueno

. Os periodistas Rosa Isela Pérez (Ciudad Juárez, México) e Aboubakr Jamaï (Marruecos) ilustraron cos seus testemuños persoais o drama de seren perseguidos por exercer a súa profesión. Ambos os dous víronse obrigados a abandonar os seus países.

Con 97 xornalistas asasinados, 174 encarcerados e máis dun milleiro de detidos, 2011 foi un dos anos máis duros que se lembran para a liberdade de prensa no mundo. Datos significativamente peores que os do ano anterior, aínda que as principais ameazas seguen a ser as mesmas. Malén Aznárez, presidenta de Reporteros Sin Fronteras España foi a encargada de ir debullando e contextualizando estas cifras, que fan referencia aos reportes de 109 países. “Hai un ano”-lembrou Anzárez-“presentabamos o informe de 2010 mirando esperanzados a chamada Primavera Árabe. Entón comezaba en Túnez e Exipto. Sen embargo, un ano despois, non se poden lanzar as campás ao voo no que a liberdade de prensa se refire”.

En Exipto os xornalistas seguen sendo encarcerados, “hai só uns días foi posto en liberdade o blogueiro Maikel Nabil Sanad, despois de case un ano encarcerado”, lembrou Aznárez antes de referirse á situación en Túnez, que parece significativamente mellor. Por último, fixo referencia a Siria, un país do que se sabe pouco. “Nin siquera podemos dicir cantos xornalistas encarcerados hai porque a prensa estranxeira só pode entrar a contagotas”.

A primavera árabe foi sen dúbida un factor determinante neste dramático balance, pero non o único: o crime organizado, as dictaduras e o extremismo relixioso son lacras que golpearon con forza en 2011. Prodúcense en países como México, China, Irán, Somalia ou Eritrea e sófrense en todo o mundo, que ve recortado desta maneira o seu dereito á información.

Pulsa aquí para ler a información completa

Pulsa aquí para ler o informe 2011

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Febreiro 2012
D L M M X V S
« Xan   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.