A asociación

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) é unha agrupación sen ánimo de lucro que, desde o seu nacemento o 5 de decembro de 1945, defende e promove os valores e liberdades da información e os dereitos e deberes dos profesionais do periodismo.

Pertencente á Federación Galega de Asociacións de Periodistas (FEGAPE), desde a creación desta en 1984, tamén forma parte da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), xunto con outras 55 asociacións máis de todo o territorio nacional; todas elas cun interese en común que é o de protexer e amparar os dereitos e intereses profesionais dos periodistas, así como de velar polo digno cumprimento dos deberes dos mesmos, elevar a súa preparación, representar a profesión, vixiar e promover o dereito á liberdade de expresión amais de defender o desenvolvemento constitucional da cláusula de conciencia e do segredo profesional.

Despois de atravesar por unha etapa de estancamento e incerteza, a APSC renaceu a comezos do presente século reforzando os seus principios de actuación. En pouco tempo veu afianzar os seus intereses, medrar considerablemente os seus servizos e actividades e, como froito de todo isto, incrementar a súa lista de socios e socias.

Sen saírse desta liña de traballo, a APSC pretende para o futuro próximo reforzar os seus lazos coa cidade de Santiago de Compostela abordando temas de utilidade e interese cultural para os seus concidadáns.


Sede

Na actualidade, a asociación ten a súa sede na rúa Carlos Maside, 7 de Santiago de Compostela (15704), para levar a cabo as labores básicas de administración e loxística. O seu apartado de Correos é o 191 e os seus teléfonos 686243465 e 659024260. O correo electrónico é  apsantiagoc@hotmail.com.

localizacion


Estatutos

Podes consultar en liña os estatutos da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC).


Xunta directiva

A actual xunta directiva da APSC está formada por:

Presidente: Luis Menéndez

Vicepresidente: X. F. Rodil

Secretario: Rafael Cid

Tesoureira: Áurea Sánchez

Vogais:

Xoán Salgado
Joel Gómez
Xulia Campo
Baldomero Cores
Xoán Castro

Máis información sobre a xunta directiva e as comisións de traballo.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.