viagra onlineviagraviagra storiesviagra light switchviagra mexicoviagra vs cialis priceviagra professionalviagra resultsviagra pfizerviagra last longerviagra nitroglycerinviagra premature ejaculationviagra tipsviagra expiration dateviagra zoloft interactionviagra headquartersviagra alternativeviagra in womenviagra triangleviagra without edviagra heart attackviagra or cialisviagra 25mg side effectsviagra off patentviagra vs levitra vs cialisviagra manufacturerviagra questionnaireviagra super activeviagra expirationviagra questions and answersviagra usage tipsviagra kaiser permanenteviagra use in womenviagra dangersviagra gumviagra timeviagra contraindicationsviagra to last longerviagra for pulmonary hypertensionviagra kullanimiviagra jokesviagra online prescriptionviagra videoviagra jet lagviagra headacheviagra songviagra makes a romantic relationshipviagra online canadaviagra use in young menviagra voucherviagra red faceviagra patent expirationviagra and foodviagra costviagra knock offsviagra next day deliveryviagra empty stomachviagra theme songviagra zonder voorschriftviagra zoloftviagra with dapoxetineviagra erectionviagra quadriplegicsviagra and alcoholviagra vs. birth controlviagra naturalviagra going genericviagra triangle restaurantsviagra gold 800mg reviewsviagra dosageviagra young menviagra nitric oxideviagra with alcoholviagra vs genericviagra juicingviagra side effects alcoholviagra fallsviagra commercial songviagra joke labelsviagra definitionviagra effectsviagra jetviagra under tongueviagra los angelesviagra high blood pressureviagra commercialviagra pillsviagra kenyaviagra and nitratesviagra lawsuitviagra kidsviagra prescriptionviagra adviagra vs cialisviagra overnightviagra soft tabsviagra buy onlineviagra generic onlineviagra joint painviagra young adultsviagra 100mg priceviagra how does it workviagra kick in timeviagra and cialis togetherviagra best priceviagra yahooviagra vasodilatorviagra release dateviagra like drugsviagra jingleviagra retail priceviagra in canadaviagra forumviagra cialisviagra movieviagra instructionsviagra maximum doseviagra original useviagra shelf lifeviagra ukviagra doesn't workviagra useviagra genericviagra over the counterviagra versus cialisviagra generic dateviagra super forceviagra lastviagra and blood pressureviagra low blood pressure

Certame Raimundo García Domínguez, Borobó

Raimundo García Domínguez, Borobó, na serie Historias de vida do Consello da Cultura Galega

 

O Premio

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela convoca a 1ª edición do certame Raimundo García Domínguez, Borobó, que se abriu o 10 de xullo de 2009, data que coincide co aniversario de nacemento do xornalista. O premio, cunha dotación de 4.000 euros, outorgarase ao autor dun artigo inédito na celebración da I Xornada sobre Periodismo de Opinión, que se desenvolverá na segunda quincena de outubro de 2009. O obxectivo deste certame é honrar a memoria e o labor periodístico do promotor da xeración de La Noche.

As bases

Consulte as bases do premio pulsando neste enlace

 

Biografía de Raimundo García Domínguez, Borobó

Raimundo García Domínguez naceu en Pontecesures (Pontevedra) o 10 de xullo de 1916 e pasou parte da súa infancia en Caldas de Reis. Estudou o Bachillerato na escola da súa vila, examinouse, por libre, no Instituto de Pontevedra e, posteriormente, cursou Filosofía e Letras (sección de Historia) na Universidade de Santiago.
 
Ao concluír a súa carreira (maio de 1936) foi bolseiro da facultade compostelá para asistir como alumno á Universidade Internacional de Verán de Santander. Alí sorprendeuno o estalido da Guerra Civil. Ordenado polo Ministerio de Instrucción Pública o traslado en corporación da Universidade Internacional a Madrid, comparte o seu destino, e alóxase na famosa Residencia de Estudantes do Pinar, da que foi un dos seus últimos integrantes.

Na defensa de Madrid
 
Fora secretario de actas de Vanguardia de Izquierda Republicana, minúsculo partido fundado en Santiago en 1935, e ao chegar a Madrid adscribiuse á Unión Xeral de Traballadores, de cuxa Federación de Traballadores do Ensino sería membro. Co batallón Félix Barzana deste sindicato participa na defensa de Madrid, en novembro de 1936. Pasou despois á Artillería da  I Brigada Internacional, da que foi trasladado á da III División.  
 
A partir de 1937 publícanse os seus primeiros artigos na revista artilleira Estímulo, asinados sucesivamente como Borobó, Raimundo Lozano e Sarxento Leví.  Preto dos vinte e un anos, intervén cun grupo artilleiro na batalla de Brunete, formando parte do XVIII Corpo de Exército. Posteriormente é designado Comisario de Transportes do III Corpo nos sectores do Jarama e de Segorbe.
 
Afíliase ao PSOE nos últimos días da Guerra, pola peregrina razón de que estaba perdendo o bando en que militaba. Enrique de Francisco, secretario xeral do PSOE en Madrid, pide asinar  súa afiliación por esta causa. Caeu prisioneiro en Madrid o 2 de abril de 1939. Logo de pasar por diversos campos de concentración, un batallón de traballadores e o cárcere de Porlier, cumpriu o servizo militar nun rexemento de Cabalería de Marrocos, no que participaban oriúndos do devandito país e españois.
 
Ao concluír a súa etapa castrense -que durou máis de seis anos, ata novembro de 1942,- e tras unha breve etapa en Zaragoza, actúa intensamente na clandestinidade dentro do PSOE do interior. Serve de enlace, nos anos corenta, entre os socialistas residentes en Galicia -cuxo núcleo principal estaba cumprindo pena nas Minas de Silleda- e a dirección clandestina do Partido en Madrid, que encabezaba Vicente Valls, membro da Comisión Executiva socialista durante os anos 1944 e 1945.
 
 A Xeración de La Noche

cabeceiras_lanoche
Exemplares da cabeceira La Noche 

 

Tras unha breve etapa en Zaragoza, inicia a súa activa vida xornalística en Madrid colaborando no Español, La Estafeta Literaria , Fantasía, Finisterre e na terceira páxina do diario Madrid.
 
Cando empeza a súa publicación La Noche, (Santiago, 1 de febreiro de 1946), comeza a escribir a súa columna, primeiro co nome de “Lacón con grelos”, logo chamada “Cacho de broa” que habería de facerse popular baixo o epígrafe de “Anacos” e que persistiría durante dezanove anos. Ocupa nese diario, sucesivamente, todos os graos da escala xornalística.
 
A partir do 27 de santos de 1959 codirixe o matutino El Correo Gallego e o vespertino La Noche. Neste último mantén moitos anos as páxinas literarias e universitarias, nas que habían de darse a coñecer os novos escritores da Xeración de La Noche. A ela pertencían boa parte das figuras máis prestixiosas da intelectualidade galega na segunda metade do século XX, desde poetas ata escritores pasando por artistas plásticos, historiadores e xuristas.
 
Comparte, algúns deses anos, o seu labor nos diarios galegos coa correspondencia dos madrileños Informaciones e ABC. Cando cesa na dirección dos rotativos santiagueses, colabora asiduamente en Diario de Pontevedra, cunha serie de anacos que recollerá nun volume titulado La gran perdonanza del 65 (inédito).
 
Destituído pola súa empresa editorial (febreiro de 1965), tempo despois de ser apartado da súa sinecura de Cronista Oficial de Santiago e forzado a deixar o seu domicilio compostelán, marcha a Madrid como subdirector do primeiro diario económico da historia de España chamado 3E. Ao tempo asina co seu heterónimo Anxelo Novo a columna literaria denominada “Callejón del Gato”, en Arriba. Pasa máis tarde á Axencia EFE, na cal foi Redactor Xefe de Arquivos, ata a súa xubilación en 1978.
 
Durante a transición, escribiría outra columna en El Socialista baixo a rúbrica de “El Personal”, aínda que colaborou, en distintos momentos, na Vanguardia, ABC, Informaciones, Pueblo, El País, El Imparcial, El Sol e La Tarde. Editorialista da revista Qué ata a súa extinción e pluma presente, con máis ou menos frecuencia, na revista Blanco y Negro, Historia y Vida e Historia 16; as súas crónicas culturais aparecían ademais en moitos xornais da periferia, transmitidas por diversas axencias de prensa.
 
Teatro e narrativa

Usou durante a súa vida xornalística múltiples seudónimos -Borobó, Xulio Sierra, Raimundo Lozano, Don Galego,…- e o seu maior gozo era a ocultación da súa personalidade tras eses alcumes, ou tras o seu heterónimo Anxelo Novo, (ex-conde de Grovas, trostkista e funcionario depurado de Estatística).
 
Ademais de miles de artigos e algunhas narracións foi compoñendo o que Concha Castroviejo chamou (nun ensaio publicado en  Grial) “o teatro inaudito e inédito de Borobó“: “Duce, duce”; “¿Quen matóu ao Meco?”; “Elección parcial, outras cruces Vitoria”; “Rodrigón” e “Aura e o complexo de Polícrates”. Tamén da súa mocidade son o guión “Tina, la piñeira” sobre la Bella Otero, que apareceu na revista “Fantasía”, xunto con outras mostras da súa variada produción xuvenil, tales como a lenda faústica “Xoán Porreás”, burlador de diablos.
 
Con todo, xamais estreou unha comedia e pasou moitísimos anos sen publicar un libro. Padecía o complexo de Polícrates de “medo ao éxito”, investigado por Rof Carballo, e que dramatizou na mencionada peza teatral. Un asunto que lle habería de servir de tema para os anacos que mereceron o VII Premio Xulio Camba de Xornalismo en 1986. Aínda que nunca deixou de sentir aquela estraña alerxia e prefería gozar da doca (preguiza), practicando xa o sendeirismo, antes de que se popularizase este nome, paseando alternativamente polas corredoiras do Barbanza, na vertente norte da ría de Arousa, e nos arredores da Cidade dos Periodistas, en Madrid.  Cultivaba pementos de Herbón na leira da súa Casa da Fiada, na aldea de Trevonzos (Boiro), como labrego de vocación tardía; á vez que foi debullando alí o seu “Memorial”, cuxo contido transloce en moitas das súas colaboracións xornalísticas.
 
Incursións políticas

No momento de restablecerse a Monarquía e comezar a actuación pública das organizacións políticas que abandonan a clandestinidade, o sector histórico do Partido Socialista Obrero Español confía a Borobó a tarefa de relacionalo coa prensa e demais medios de comunicación social. Aprecia o seu labor, confirmándoo nela, ao ser designado membro da súa Comisión Executiva, no único congreso celebrado en Madrid por ese histórico partido, tras o seu longo exilio, presidido por Rodolfo Llopis.
 
Con todo, meses despois, cativado quizá polo “embrujo sevillano” de Felipe González, escribe, en vésperas das eleccións do 15 de xuño de 1977, un Manifesto á conciencia liberal do pobo español, asinado ademais por outros socialdemócratas. Isto marcou a incorporación de todos eles ao PSOE renovado; organización que ía integrando as ramas dispersas do socialismo español.
 
Durante o breve período en que a dirección do ascendente Partido Socialista (entón chamado renovado) quedou a cargo dunha Comisión Xestora, Raimundo García Domínguez foi designado por esta para formar parte da Comisión de Cultura dependente dela. Foi a última misión política de Borobó, salvo a presidencia da Agrupación Socialista de Boiro, que exerceu de modo máis ben honorífico.
 
Nos seus últimos anos, xa xubilado do seu traballo profesional, intensificou paradoxalmente a colaboración xornalística e a súa tarefa literaria. Nunca cortara os lazos cos seus lectores de Galicia, malia as súas ocupacións en Madrid. Para mantelos fundara en Madrid, en 1969, Chan, a revista dos galegos, brillante e frustrado empeño de facer un órgano da cultura galega fóra do país. Nela publicou  “Lina la Bella”, outro texto igualmente consagrado a Carolina Otero.
 
Volven os Anacos, aparecen os libros
 
En 1982 reapareceron os seus “Anacos”, nas columnas de La Voz de Galicia, alongándose a súa publicación ata 1989. Logo faríaos, certo tempo, en El  Ideal Gallego. En 1986,  Edicións do Castro publica o libro “El fantasma de Valle-Inclán”, que constituirá o primeiro tomo dos “Papeis de Borobó”, e que inaugura así mesmo a colección “Documentos para a historia contemporánea de Galicia” da citada editorial.
 
Tamén consagrará á figura do pai de Don Ramón do Valle-Inclán un opúsculo publicado polo Museo de Pontevedra (en 1986). Cabe afirmar que Borobó foi o escritor que máis artigos dedicou ao dramaturgo arousán, ao que coñeceu cando era un rapaz na Cerámica Celta (xunto ao seu pai, Don Víctor, que se dedicaba como “hobby” a deseñar pezas na Calera). Unha selección de devanditos artigos figura no libro “Anacos Valleinclanianos”, editado postumamente pola propia Fundación Valle-Inclán, patronato do que Borobó foi membro ata o seu falecemento.
 
Biógrafo dos grandes personaxes da súa terra, “Pablo Iglesias, el gallego”, editado pola Enxebre Orde da Vieira, -da que tamén participou na súa creación-, constitúe o segundo volume dos “Papeis de Borobó”. Un guión literario titulado “La mocedad de Pablo Iglesias” (inédito) amplía a súa biografía daquel “educador de xentíos”, ao que se refire con amplitude noutro libro: “A nacencia do socialismo en Galicia” (editado en 2001 por Galaxia).
 
No “Libro de los tropiezos” (aparecido en 1989), terceiro dos “Papeis de Borobó”, evocará momentos e claves da transición á democracia en Galicia. No cuarto e quinto, “La Raíz Mágica del Primero de Mayo y otros históricos empalmes”, realiza un estudo etnográfico que revela as orixes pagás do Día do Traballo, moito antes de acontecer os sucesos de Chicago. Así mesmo analiza a economía galega na época da Ilustración e o ludismo na España contemporánea. Como os dous anteriores, é publicado por Edicións de Anxelo Novo, que tamén aluma os “Primeros Anacos Santiagueses” (tomos VI e VII da serie).
 
Os “Papeis de Borobó” constitúen un esforzo editorial realizado persoalmente polo autor, sen contar con ningunha das axudas que tanto proliferaron no ámbito cultural español. E na Comunidade Autónoma galega de modo singular, para calquera obra que diste moito de alcanzar as extraordinarias dimensións materiais e espirituais desta obra.
 
Tanto que o plan de edición destes Papeis comprendía cincuenta tomos, necesarios para recoller a produción dunha pluma que abarcou todos os xéneros literarios: teatro, narrativa, estudos históricos e biográficos, á parte do seu inxente labor xornalístico. Todos eles extraídos do xamais exhausto “Corpus Boroborum”, onde foi acumulando os seus escritos máis dispersos; gardados moitos, en recortes, polos seus máis constantes lectores. Estes empezaron a ver a luz, en sucesivos rolos, dos que se publican “Catoira sur lle Ulla” (2001), “Tropiezos con el maestro Asorey”, (2003) e “Vida breve de Andrés Muruais”, (2005, póstumo), editados por Hipocampo Amigo.
 
Na tranquila espera da oportunidade económica e editorial que lle permitise reemprender a publicación dos seus Papeis, ao iniciarse a década dos noventa, Borobó continuou escribíndoos en  La Región, de Ourense, e no Atlántico Diario, de Vigo, onde seguiron aparecendo, case diariamente, os seus anacos, durante un lustro. Aínda que, desde principios de 1991, se caracterizaron por posuír un fío argumental ao xeito dun folletín xornalístico, ou do que agora se denomina “culebrón”. Forma este conxunto de máis dun milleiro de anacos un singular xénero literario que o autor bautizou co nome de nobelo e que neste caso se titulou, provisionalmente, “Las uvas de María Laura”.
 
Traballos históricos

Colaborou logo, fugazmente, no xornal Diario de Pontevedra, e retornou ao diario El Correo Gallego, dentro do suplemento “Correo del 93″, que alí mantivo o Consorcio de Santiago de Compostela. Xustamente a cidade xacobea, onde naceron catro dos cinco fillos de Borobó, honrouno coa súa Medalla de Ouro ao Mérito Cidadán, en 1996, por acordo unánime do seu Concello.
 
Tras renovar a súa colaboración na edición en galego do diario matutino compostelán, que mantería o resto da súa vida, deu primicia nas súas páxinas da traslación aérea de Santiago Apóstolo. Materia sobre a que disertou nunha conferencia pronunciada na Casa de Galicia, de Madrid, e que sería publicada logo en Cuadernos de Estudios Gallegos. Colección onde apareceron tamén o seu ensaio histórico acerca de “Los dos San Martín, el primer patrón y el primer apóstol de Galicia” e a “Vida y obra de un santo varón: Joaquín Díaz de Rábago. Teórico e historiador del cooperativismo (1837 – 1898)”. Asunto sobre o que incidiron numerosos artigos e estudos seus, publicados en Empresa Cooperativa e Economía Industrial. Neles afondou sobre personaxes decimonónicos precursores da autoxestión.
 
Pouco antes de finalizar o século XX, Borobó recuperou a súa condición de biógrafo dos seus paisáns máis ilustres. A Fundación Otero Pedrayo outorgoulle en 1997 o seu Premio Trasalba, e publicou un libro cunha selección dos seus anacos dedicados ao gran polígrafo ourensán, titulado “O reiseñor de Trasalba” (localidade ourensá onde recibiu ese galardón).

Dous anos despois, saíu da imprenta o libro “A cantora do Sar”, editado pola Fundación Rosalía de Castro, da que fora patrón cando foi creada. Nel recompila parte dos seus anacos sobre a poetisa romántica, tan vinculada a Padrón. Nesta vila, preto da que naceron a súa dona Carlota Paz Barreiro e unha das súas fillas,  fóralle entregado nos anos 1980 o Pergamiño de Honra e Louvanza do Pedrón de Ouro.

A obra sobre Rosalía renova a serie dos “Papeis de Borobó”, na que tamén se integrará “Daniel, o noso”, libro que ve a luz no ano 2000, publicado por Ediciós do Castro. Versa sobre a figura de Castelao, cuxa morte en Bos Aires valorara amplamente desde La Noche cando ocorreu, saltando as consignas da censura. O veterán xornalista tivo oportunidade de tratar persoalmente ao guieiro da galeguidade, a derradeira vez en Madrid, comezada xa a guerra incivil.
 
Á vez que publicaba novos títulos, Borobó multiplicou as súas actividades en seminarios e xornadas dedicados a insignes paisáns galegos, ao comezo do século XXI. Xa o fixera nos congresos sobre Ánxel Fole e Castelao ao termo da centuria anterior e continuou nos dedicados a Manuel Antonio, Eugenio Montes e Ramón Cabanillas no novo milenio. Así mesmo participou no I Congreso de Poesía Galega de Vilagarcía de Arousa. A faceta lírica de Borobó, notablemente enriquecida na fase final da súa vida e obra, inclúe títulos como Anaco de de amor a Rosalía; A Rianxada; Ou meiró dous limós, ao mouro Federico e Os versículos do Barbanza, entre outros.

Octoxenario en Madrigalicia

Sendo xa octoxenario, Borobó intensificou a súa actividade literaria e xornalística. A Universidade de Santiago de Compostela e o Concello pontevedrés de Cuntis outorgáronlle o III Premio de Xornalismo de Opinión Roberto Blanco Torres (xuño de 2001) polos “anacos” recollidos en O Correo Galego e unha selección dos aparecidos no semanario A Nosa Terra o ano precedente. A editorial deste nome publicará logo postumamente o “Libro dos Exemplos”, con sesenta e cinco retratos de personaxes coetáneos vinculados con Galicia, aos que na súa maioría tratou durante a súa longa peripecia vital. Neste semanario vigués mantivo cátedra e páxina aberta desde outubro de 1997 ata os últimos días da súa vida.
 
Do cambio de milenio datan tamén dous estudos de interese histórico. “Las controversias de Murguía y Brañas con Cautelar y Sánchez Moguer a propósito del regionalismo” (publicado pola Fundación Alfredo Brañas en 2001) e “Castelao con Valle-Inclán” que deu a coñecer a revísta Madrygal, da Universidade Complutense madrileña. Un concepto, o de madrigalego, cuxa paternidade lle corresponde a Borobó, e foi galardoado co Madrigalego de Ouro na primeira edición destes premios pola Enxebre Orde da Vieira. Non en balde asinaba os seus escritos nesa terra imaxinaria chamada Madrigalicia.
 
Medalla de Castelao en 1986 e Premio de Comunicación da Xunta de Galicia, ao comezar o terceiro milenio, máis de setenta autores, entre escritores, xornalistas e artistas, do máis plural abano ideolóxico, dedicáronlle o libro Homenaxe a Borobó no ano 2002. Para entón xa fora designado Fillo Predilecto de Pontecesures, e puido gozar coa “conversión en rúa” da súa propia vila natal, -como el mesmo dixo-, ao unirse o seu nome ao do médico Don Víctor (o seu pai) na guía de rúas da urbe cesureña, unha tarde primaveral de 2003. Pouco despois de inaugurala presentou o libro “O Cesures de Don Víctor”, con algúns dos anacos máis belos e insólitos do seu xornalismo literario. Foi o seu último acto público en vida.
 
Posteriormente, xa no leito da dor, recibiu o título de presidente de honra da asociación “Galicia Viva” e foille entregado o de “Fillo Adoptivo de Boiro”, municipio coruñés onde está Trevonzos, a súa morada favorita, antefirma de moitos dos seus escritos.
 
Tras falecer o 28 de agosto de 2003 en Santiago de Compostela, os restos de Borobó foron velados no Panteón de Galegos Ilustres da “máxima cidade”, que lle consagrou o nome dunha das súas rúas. Outro tanto fixo o Concello de Boiro, onde da nome a unha Asociación Cultural das “Mocidades Socialistas” dende xuño de 2009.

Así mesmo, a Corporación Local da pontevedresa de Caldas de Reis decidiu designalo (o 26 de maio de 2006) Fillo Adoptivo da Vila.  Raimundo García Domínguez dalle nome ao premio de xornalismo de Opinión creado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela,  dende o dez de xullo de 2009 –aniversario do nacemento de Borobó-.
 
A memoria de Borobó segue viva entre os galegos. As súas cinzas repousan no cemiterio de Pontecesures, pero a obra do xornalista e escritor continúa latente. As homenaxes que se lle tributaron, a edición dos seus textos inéditos e os galardóns que segue merecendo, anos logo de abandonarnos, así o amosan. Queda moita tarefa por diante. “Sempre e máis despois”, conform sinalou Manoel-Antonio,  evocou Borobó no prólogo á súa biografía de Castelao e cabe repetir agora, como conclusión deste relato sobre a súa vida e obra.

Obras (por orde cronolóxica)

El fantasma de Valle-Inclán (1986) ISBN: 84-7492-302-6

Pablo Iglesias, el gallego (1986) D.L. M-24133-1976

Libro de los tropiezos (1989) ISBN: 84-404-3761-7

La raíz mágica del Primero de Mayo (1989) ISBN: 84-404-4654-5

Primeros anacos santiagueses (1990) ISBN: 84-404-6387-1

La tremenda niñez de la Bella Otero (1992) ISBN: 84-85553-101

Xoán Porreás burlador de demos D.L.: VG-331-92

O reiseñor de Trasalba (1997) ISBN: 84-920781-1-1

Anaco de amor a Rosalía. A Rianxada (1998). Colección Hipocampo Amigo.

A cantora do Sar (1999) ISBN: 84-87668-11-9

Daniel o noso (2000) ISBN: 84-7492-991-1

As controversias de Murguía e Brañas con Castelar en Sánchez Moguel (2001) ISBN: 84-88051-93-X

A nacencia do socialismo en Galicia (2001) ISBN: 94-8288-447-6

Catoira sur le Ulla (2001) ISBN: 84-932-093-2-5

O novelo dos anacos e outros exemplos (2002) ISBN: 84-9750-123-3

Tropiezos con el Maestro Asorey (2003) ISBN: 84-932093-5-X

O Cesures de Don Víctor (2003) D.L.: VG-469-2003

Memorial de Trevonzos en Plumas e Letras en La Noche (Coautor) ISBN: 84-453-1656-7

Anacos (2000) en Xornadas sobre Manoel Antonio (Coautor) ISBN: 84-453-2996-0

Castelao con Valle-Inclán (2001) en Congreso sobre Castelao (Coautor) ISBN: 84-453-3001-2

Empalme sobre Eugenio Montes (2001) en Xornadas sobre Eugenio Montes (Coautor) ISBN 84-453-3180-9

A xeneración dos Ramóns (2003) en Xornadas sobre Ramón Cabanillas (Coautor) ISBN 84-453-3233-3

El sueño de Carlomagno y los destinatarios de la Epistola Leoni (2003)  ISSN: O210-847-X.

Libro dos exemplos (2003) ISBN: 84-96203-34-4

Anacos Valleinclanianos. Fundación Valle-Inclán (2004)

Obras de teatro e outros textos de narrativa

Elección parcial, otras cruces Victoria, na revista Fantasía (Madrid)

Tina, la Piñeira, en la revista Fantasía (Madrid) e na revista Chan (Madrid)

Lina la bella, na revista Chan (Madrid).

Obras de teatro (inéditas)

Duce, duce

¿Quién mató al Meco?

Rodrigón

Aura y el complejo de Polícrates

Artigos

Publicados co seu nome ou baixo un dos seguintes pseudónimos: Borobó, Sargento Leví, Ariel, Julio Sierra, Raimundo Lozano, Don Gallego ou o seu heterónimo Anxelo Novo, desde 1936 ata 2003, nas seguintes publicacións periódicas:
 
Estímulo (Madrid), El Español (Madrid), La Estafeta Literaria (Madrid), Fantasía (Madrid), Finisterre (Madrid), Madrid (Idem), La Noche (Santiago de Compostela), El Correo Gallego (Santiago de Compostela), ABC (Madrid), Informaciones (Madrid), Diario de Pontevedra (Pontevedra), La Vanguardia (Barcelona), Arriba (Madrid), Desarrollo (Madrid), 3E, (Madrid), Chan (Madrid), PPO (Madrid), Qué (Madrid), Blanco y Negro (Madrid), Pueblo (Madrid), El Imparcial (Madrid), La Tarde (Madrid), El Socialista (Madrid), Economía Industrial (Madrid), Empresa Cooperativa  (Madrid), El País (Madrid), Historia y Vida , Historia 16 (Madrid), La Voz de Galicia (A Coruña), El Ideal Gallego (A Coruña), La Región (Ourense), Atlántico Diario (Vigo), A Nosa Terra (Vigo), O Correo Galego (Santiago de Compostela), Galicia Hoxe (Santiago de Compostela), Cuadernos de Estudios Gallegos (Santiago de Compostela).

Recoñecementos

Vogal do Patronato Rosalía de Castro

Vogal da Fundación Valle-Inclán

Académico da Real Academia Galega

Cronista Oficial de Santiago de Compostela

Pergamiño de Honra e Louvanza. Padroado do Pedrón de Ouro. Padrón

VII Premio Xulio Camba de Periodismo. Pontevedra

Madrigallego de Oro al Mérito Periodístico. Orden de la Vieira. Madrid

Medalla de Castelao. Xunta de Galicia

Medalla de Ouro ao Mérito Cidadán. Concello de Santiago de Compostela

Premio Trasalba. Fundación Otero Pedrayo. Trasalba (Ourense)

III Premio Periodismo de Opinión Roberto Blanco Torres. Universidade de Santiago de Compostela e Concello de Cuntis (Pontevedra)

Premio de Comunicación da Xunta de Galicia

Fillo predilecto do Concello de Pontecesures (Pontevedra)

Fillo adoptivo do Concello de Boiro (A Coruña)

Fillo adoptivo do Concello de Caldas de Reis (Pontevedra)

Os concellos de Pontecesures, Boiro e Santiago de Compostela designaron cadansúas rúas co seu nome.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Febreiro 2012
D L M M X V S
« Xan    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
Cartas de Borobó
 
 
 
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.