Historia

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) é unha agrupación sen ánimo de lucro que, dende o seu nacemento o 5 de decembro de 1945, defende e promove os valores e liberdades da información e os dereitos e deberes dos profesionais do periodismo.

Pertencente á Federación Galega de Asociacións de Periodistas (FEGAPE) dende a creación desta en 1984, tamén forma parte da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) xunto con outras 55 asociacións máis de todo o territorio nacional; todas elas cun interese en común que é o de protexer e amparar os dereitos e intereses profesionais dos periodistas, así como de velar polo digno cumprimento dos deberes dos mesmos, elevar a súa preparación, representar a profesión, vixiar e promover o dereito á liberdade de expresión amais de defender o desenvolvemento constitucional da cláusula de conciencia e segredo profesional.

Despois de atravesar por unha etapa de estancamento e incerteza, a APSC renaceu a comezos do presente século reforzando os seus principios de actuación. En pouco tempo veu afianzar os seus intereses, medrar considerablemente os seus servizos e actividades e, como froito de todo isto, incrementar a súa lista de socios e socias.

Sen saírse desta liña de traballo, a APSC pretende para futuro próximo reforzar os seus lazos coa cidade de Santiago de Compostela abordando temas de utilidade e interese cultural para os seus concidadáns.

 
 
Marzo 2010
L M M X V S D
« Feb    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.