Comisións de traballo e representación

A Xunta Directiva da APSC acordou, en reunión do 14 de outubro do 2008, a composición oficial das tres Comisións de Traballo:

-Comisión Social e de Servizos: Presidida por Manuel López Torrente, esta comisión é encargada de prover ós membros da APSC de servizos de interese profesional e persoal (descontos, convenios, cursos, etc.)

-Comisión de Mulleres Xornalistas: Esta comisión está presidida por Xulia Campo Vázquez. Busca reflectir a situación actual do rol da muller xornalista, a súa defensa e traballar a prol da igualdade e da conciliación do ámbito laboral co persoal.

-Comisión Xacobeo 2010: ten como Presidente a José Francisco Rodil Lombardía e é a encargada da organización do Congreso Europeo de Periodistas en Santiago de Compostela.

Representación noutras entidades

Os membros da Xunta Directiva da APSC forman parte tamén doutras Directivas:

-Luís Menéndez Villalva é tamén Vice-presidente da FEGAPE-Federación Galega de Asociacións de Periodistas, á vez que Vogal encargado das Areas de Relacións Internacionais e de Educación e Formación da nova Directiva da FAPE-Federación de Asociacións de Periodistas de España, que preside a xornalista, tamén galega, Magis Iglesias.

-José Francisco Rodil Lombardía, membro da Comisión de Garantías e Asuntos Profesionais, a cal foi creada pola FAPE co fin de resolver asuntos relacionados coa ética profesional.

-Xulia Campo Vázquez, forma parte da Agrupación Galega de Mulleres Xornalistas (dentro da FEGAPE) e actualmente está en candidatura para desempeñar o cargo de Vogal de Actividades na xunta directiva da Asemblea de Mulleres Periodistas de España, da FAPE.

 
 
Marzo 2010
L M M X V S D
« Feb    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.