Comunicados


A APSC condena a violencia contra os periodistas de TVG na manifestación a prol do galego

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, en reunión ordinaria celebrada hoxe mércores, 21 de outubro de 2009, na súa sede, acordou condenar a actitude das persoas que o pasado domingo, en Santiago, durante a manifestación a prol do idioma galego, impedíronlle aos profesionais de TVG desenvolver o seu traballo de informar.
A APSC condena [...]


A FIP e a FEPALC condenan o brutal asasinato dun fotoperiodista en El Salvador

A Federación Internacional de Periodistas (FIP) e a súa organización rexional, a Federación de Periodistas de América Latina e o Caribe (FEPALC) expresaron a súa condena máis enérxica polo asasinato do fotoperiodista hispano-francés, Christian Poveda. O seu corpo, tiroteado, atopouse nun suburbio da cidade de San Salvador, segundo confirmaron a policía e o Ministerio de [...]


A APSC congratúlase da absolución xudicial da periodista mexicana Lydia Cacho

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) manifesta a súa satisfacción pola absolución da periodista mexicana Lydia Cacho, que fora demandada por publicar a historia dunha nena violada. O venres 21 de agosto de 2009, tras máis de dous anos de xuízo, a sentencia exoneraba á periodista da divulgación dunha investigación en que [...]


A Asociación de Periodistas de Santiago amosa de novo a protesta contra os nomeamentos dos consellos das televisións públicas galegas

A Asociación da Prensa de Santiago de Compostela (APSC) manifesta o seu rexeitamento unha vez máis (ao igual que fixera anteriormente, en 1997, 2001 e 2005) aos nomeamentos para os cargos de conselleiros do consello de Administración da CRTVG e do consello asesor da RTVE-G que recaeron, por parte dos tres partidos políticos galegos PP, [...]


A Asociación da Prensa de Vigo condena a violencia desatada no conflito do metal e as lesións sufridas polos xornalistas

Vigo, 4 de xuño de 2009. Ante a evolución que segue o conflito laboral do sector do metal de Vigo e a indiscriminada espiral de violencia que se desatou, a Asociación da Prensa de Vigo condena o comportamento violento que está a tomar este conflito laboral, que está a converterse nun conflito de orde pública.
A [...]


A Fegape esixe á TVG que emita “A caixa negra”

A decisión de cancelar a emisión da reportaxe sobre as vacas tolas é propia de tempos que creíamos superados
Santiago, 4 de xuño de 2009.- A Federación Galega de Periodistas (FEGAPE) entende que a cancelación da emisión do programa da Televisión de Galicia “A caixa negra” sobre a crise das vacas tolas previsto para a noite [...]


A Federación Europea de Periodistas acusou á Comisión Europea de neglixencia pola actual crise dos medios

Aprobada a Declaración de Varna (Bulgaria), un dramático chamamento para manter a ética do xornalismo fronte á descomposición que provoca a crise económica
- “O pluralismo informativo está ao borde do colapso”, Aidan White, secretario xeral da FEP
- A FEP aprobou una moción de FAPE en defensa dos xornalistas ameazados por ETA
Varna (Bulgaria).- A Federación Europea [...]


A Federación Europea de Periodistas aproba unha moción da FAPE en defensa da liberdade de prensa en Euskadi

A asemblea anual da EFJ (European Federation of Journalists), que se celebrou esta din de semana na localidade búlgara de Varna, aprobou unha moción presentada pola Federación Española de Asociacións de Periodistas (FAPE) para a defensa da liberdade de prensa en Euskadi.
Na mesma especifícase o apoio aos xornalistas que traballan baixo ameazas por parte da [...]


FAPE e APSC apoian o manifesto “en defensa do emprego de calidade”

A Xunta Directiva de FAPE e a Asociación de Periodistas de Santiago (APSC)  apoian e comparten os obxectivos do Manifesto de Comisións Obreiras (CC OO) e animan á participación nos actos do día 7 “en defensa do emprego de calidade” nos medios de comunicación.
MANIFESTO DO SECTOR DE MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE  FSC-CCOO EN DEFENSA DO [...]


A FIP condena firmemente o asasinato dun veterano xornalista en Colombia

A Federación Internacional de Periodistas (FIP) e a Federación de Periodistas de América Latina y el Caribe (FEPALC) condenaron a brutal morte do veterano xornalista colombiano, José Everardo Aguilar, quen foi asasinado no seu propio domicilio, situado no municipio de El Patía, a uns 450 quilómetros do sur de Bogotá.
Aguilar, de 72 anos e era [...]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 
 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.