Abrimos unha nova sección dirixida ós socios da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela. Nela terán cabida as reflexións, artigos e debates relacionados co exercicio da profesión e coas súas problemáticas.
Se queres compartir algún texto, podes envialo á dirección de correo apsantiagoc@hotmail.com para a súa publicación indicando ‘Espello‘ no asunto xunto co título do artigo.
.
.
Textos
- A MULLER E O XORNALISMO, REFLEXIÓNS NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (Xulia Campo)
“Chegou outro 8 de marzo e lembramos todo o que fai da vida de moitas mulleres unha contínua carreira de obstáculos. É certo, moito temos avanzado; pero en moitos eidos aínda é todo apariencia. [...]“
[Pulsa aquí para seguir lendo]
- JUAN VARELA: “EL PERIODISMO ES CIUDADANO POR ESENCIA (M.Carmen Domínguez)
Juan Varela (Betanzos, A Coruña, 1964) es consultor de medios y, ante todo, periodista. Como consultor ha participado en los rediseños de un centenar de medios de Europa y Latinoamérica. Como periodista ha pasado por la redacción de El Ideal Gallego, El Correo de Andalucía y Cinco Días. Por la subdirección de Diario 16 y El Periódico de Catalunya, y por la dirección de medios como ADN.es. Es columnista en Público y en la agencia Colpisa. Actualmente dirige Mediathink Consultores y reflexiona sobre periodismo y medios en los blogs Periodistas21 y Sociedad Cableada del periódico Soitu.es.
[Pulsa aquí para ler a entrevista íntegra]
- LEMBRANZA DE BOROBÓ (Benxamín Vázquez)
Hoxe procuro erguer esta columna de 2400 caracteres, cunhas 400 palabras e 30 liñas, en honra e lembranza do ilustre mestre de xornalistas Raimundo García Domínguez, “Borobó” (Pontecesures, 1916-Santiago de Compostela, 2003), que foi aglutinador da transcendente xeración de La Noche, ao acoller nese desaparecido xornal vespertino aos escritores e intelectuais máis relevantes dunha Galicia silenciada á forza, en plena travesía da longa noite.
[Pulsa aquí para ler o resto do artigo]
- SIGUEN LOS VIEJOS Y MALOS HÁBITOS (Luis Pérez)
Todos los grupos habían prometido en la campaña electoral de las gallegas regeneración democrática, buenas prácticas de gobierno y el cumplimiento de la Ley pero a las primeras de cambio, cuando hay que demostrarlo de verdad, vuelven a las andadas. Lo comprobamos en el episodios que se suceden torno a la CRTVG. Primero, en la elección del director xeral no fue posible el consenso por causas aún no aclaradas. ¿Hubo engaño y marcha atrás del PSOE, ineptitud negociadora del PP o ambas cosas a la vez? ¿Por qué se marginó al BNG? Quizás nunca se sepa. El entorno de los medios de comunicación públicos es demasiado complicado para entenderlo desde el sentido común.
[Pulsa aquí para ler o resto do artigo]
- DE CONVERSAS COA CALAF (Luís Menéndez Villalva)
O 23 de Xaneiro cara a noitiña era cando se anunciara a entrada do Klaus coma case sempre desde o sueste, con ventos que ían superar os 180 quilómetros por hora e choiva desta terrible, que fere verticalmente, coma se foran agullas xeadas. Non había paraugas que resistira. O que nos faltaba. Despois das nevaradas, este temporal. Verdadeiramente estabamos a vivir un inverno “caroal”, coma dicían os vellos noutrora.
[Pulsa aquí para ver o resto do artigo]
- A RESPONSABILIDADE DAS XORNALISTAS (Xulia Campo e Carmen Pérez)
O pasado 8 de Novembro xuntáronse en Cádiz máis dun cento de mulleres xornalistas de toda España, para crear un organismo que lles permita facer oir a súa voz en defensa da profesión baixo o punto de vista das súas traballadoras.Dito organismo debería servir tamén para contribuir nesa enorme loita que supón cambia-la sociedade, para que a metade das súas integrantes-as mulleres- teñan “voz e voto” conpeso para decicir sobre temas que lles afectan e mellora-la súa calidade de vida.
[Pulsa aquí para ver o resto do artigo]
- CONECTIVIDADE (Luís Menéndez Villava)
A recente campaña internacional “Stand-up for journalism” (En pé polo xornalismo) organizada pola Federación Internacional de Xornalistas na que estamos integrados 600.000 xornalistas de todo o mundo facía fincapé no deterioro progresivo da liberdade de expresión durante o ano 2008 e no risco mesmo de morte en países como Iraq, India, México, Filipinas, China, Rusia, Cuba ou Paquistán amén de numerosos países africanos onde a democracia é aínda algo teórico alleo á realidade. Só no ano pasado, segundo datos da FIP, morreron 104 xornalistas…
[Pulsa aquí para ver o resto do artigo]
- HILLARY NO CAMIÑO (Áurea Sánchez)
Por que a candidata mellor preparada do Partido Demócrata de Estados Unidos non chegou á Casa Branca? Elixida senadora por Nova Iorque nun momento moi calculado, cultivou un enfoque diferente das accións de goberno, para diferenciarse dos erros que cometía George Bush; se cadra tamén para que os estadounidenses visen nela unha futura presidenta en certo modo non rompedora coa cultura política dos Estados Unidos…
[Pulsa aquí para ver o resto do artigo]














