Abrimos unha nova sección dirixida ós socios da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela. Nela terán cabida as reflexións, artigos e debates relacionados co exercicio da profesión e coas súas problemáticas.
Se queres compartir algún texto, podes envialo á dirección de correo apsantiagoc@hotmail.com para a súa publicación indicando ‘Espello‘ no asunto xunto co título do artigo.
.
.
Textos
- NON QUERO SER UN PEQUENO SALAZAR (Juan Castro)
Un recordo que me marcou especialmente nas clases de Historia de COU foi a descomposición do réxime de Salazar. A imaxe do vello ditador, incapacitado e xa destituído, ao que seguían confeccionando xornais falsos para alimentar a ilusión da súa permanencia no poder. ¿Canto pequeno Salazar queda hoxe en Galicia, pechado no seu despacho de director ou de editor de xornal, convencido de que as súas catro follas de papel marcan o designio do país? E o que é peor, ¿a cantos súbditos, servos e gregarios arrastran na súa fuxida a ningunha parte?
[Pulsa aquí para seguir lendo]
- A MULLER E O XORNALISMO, REFLEXIÓNS NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (Xulia Campo)
“Chegou outro 8 de marzo e lembramos todo o que fai da vida de moitas mulleres unha contínua carreira de obstáculos. É certo, moito temos avanzado; pero en moitos eidos aínda é todo apariencia. [...]“
[Pulsa aquí para seguir lendo]
- JUAN VARELA: “EL PERIODISMO ES CIUDADANO POR ESENCIA (M.Carmen Domínguez)
Juan Varela (Betanzos, A Coruña, 1964) es consultor de medios y, ante todo, periodista. Como consultor ha participado en los rediseños de un centenar de medios de Europa y Latinoamérica. Como periodista ha pasado por la redacción de El Ideal Gallego, El Correo de Andalucía y Cinco Días. Por la subdirección de Diario 16 y El Periódico de Catalunya, y por la dirección de medios como ADN.es. Es columnista en Público y en la agencia Colpisa. Actualmente dirige Mediathink Consultores y reflexiona sobre periodismo y medios en los blogs Periodistas21 y Sociedad Cableada del periódico Soitu.es.
[Pulsa aquí para ler a entrevista íntegra]
- LEMBRANZA DE BOROBÓ (Benxamín Vázquez)
Hoxe procuro erguer esta columna de 2400 caracteres, cunhas 400 palabras e 30 liñas, en honra e lembranza do ilustre mestre de xornalistas Raimundo García Domínguez, “Borobó” (Pontecesures, 1916-Santiago de Compostela, 2003), que foi aglutinador da transcendente xeración de La Noche, ao acoller nese desaparecido xornal vespertino aos escritores e intelectuais máis relevantes dunha Galicia silenciada á forza, en plena travesía da longa noite.
[Pulsa aquí para ler o resto do artigo]
- SIGUEN LOS VIEJOS Y MALOS HÁBITOS (Luis Pérez)
Todos los grupos habían prometido en la campaña electoral de las gallegas regeneración democrática, buenas prácticas de gobierno y el cumplimiento de la Ley pero a las primeras de cambio, cuando hay que demostrarlo de verdad, vuelven a las andadas. Lo comprobamos en el episodios que se suceden torno a la CRTVG. Primero, en la elección del director xeral no fue posible el consenso por causas aún no aclaradas. ¿Hubo engaño y marcha atrás del PSOE, ineptitud negociadora del PP o ambas cosas a la vez? ¿Por qué se marginó al BNG? Quizás nunca se sepa. El entorno de los medios de comunicación públicos es demasiado complicado para entenderlo desde el sentido común.
[Pulsa aquí para ler o resto do artigo]
- DE CONVERSAS COA CALAF (Luís Menéndez Villalva)
O 23 de Xaneiro cara a noitiña era cando se anunciara a entrada do Klaus coma case sempre desde o sueste, con ventos que ían superar os 180 quilómetros por hora e choiva desta terrible, que fere verticalmente, coma se foran agullas xeadas. Non había paraugas que resistira. O que nos faltaba. Despois das nevaradas, este temporal. Verdadeiramente estabamos a vivir un inverno “caroal”, coma dicían os vellos noutrora.
[Pulsa aquí para ver o resto do artigo]
- A RESPONSABILIDADE DAS XORNALISTAS (Xulia Campo e Carmen Pérez)
O pasado 8 de Novembro xuntáronse en Cádiz máis dun cento de mulleres xornalistas de toda España, para crear un organismo que lles permita facer oir a súa voz en defensa da profesión baixo o punto de vista das súas traballadoras.Dito organismo debería servir tamén para contribuir nesa enorme loita que supón cambia-la sociedade, para que a metade das súas integrantes-as mulleres- teñan “voz e voto” conpeso para decicir sobre temas que lles afectan e mellora-la súa calidade de vida.
[Pulsa aquí para ver o resto do artigo]
- CONECTIVIDADE (Luís Menéndez Villava)
A recente campaña internacional “Stand-up for journalism” (En pé polo xornalismo) organizada pola Federación Internacional de Xornalistas na que estamos integrados 600.000 xornalistas de todo o mundo facía fincapé no deterioro progresivo da liberdade de expresión durante o ano 2008 e no risco mesmo de morte en países como Iraq, India, México, Filipinas, China, Rusia, Cuba ou Paquistán amén de numerosos países africanos onde a democracia é aínda algo teórico alleo á realidade. Só no ano pasado, segundo datos da FIP, morreron 104 xornalistas…
[Pulsa aquí para ver o resto do artigo]
- HILLARY NO CAMIÑO (Áurea Sánchez)
Por que a candidata mellor preparada do Partido Demócrata de Estados Unidos non chegou á Casa Branca? Elixida senadora por Nova Iorque nun momento moi calculado, cultivou un enfoque diferente das accións de goberno, para diferenciarse dos erros que cometía George Bush; se cadra tamén para que os estadounidenses visen nela unha futura presidenta en certo modo non rompedora coa cultura política dos Estados Unidos…
[Pulsa aquí para ver o resto do artigo]















