“Chegou outro 8 de marzo e lembramos todo o que fai da vida de moitas mulleres unha continua carreira de obstáculos. É certo, moito temos avanzado; pero en moitos eidos aínda é todo apariencia. Cando a opinión dunha muller sexa tan tida en conta como a dun home, cando o perfil profesional dunha muller só se elabore sobre as súas capacidades laborais, cando ser nai non sexa un problema senón unha vantaxe social, cando non haxa homes á defensiva porque se sinten ‘agredidos pola muller moderna’ … daquela falaremos de igualdade. Daquela, as xornalistas xa non seremos ‘xuíz e parte’ na transmisión de modelos tradicionais que xa non teñen cabida no futuro dun mundo máis xusto para todos.”
Por Xulia Campo, presidenta da Agrupación de Mulleres Xornalistas da APSC.















