Hillary no camiño

Artigo da xornalista Áurea Sánchez, tesoureira da directiva da Asociación de Periodistas de Santiago,  APSC, premiado no Certame Xornalístico Dora Vázquez 2009 do concello de Arteixo e publicado nos xornais El Ideal Gallego e La Opinión da Coruña.


Por que a candidata mellor preparada do Partido Demócrata de Estados Unidos non chegou á Casa Branca? Elixida senadora por Nova Iorque nun momento moi calculado, cultivou un enfoque diferente das accións de goberno, para diferenciarse dos erros que cometía George Bush; se cadra tamén para que os estadounidenses visen nela unha futura presidenta en certo modo non rompedora coa cultura política dos Estados Unidos. Mesmo o Partido Demócrata, a consideraba como a única presidenta posible. Hillary Rodhan non acadou o posto desexado, mais o problema estaba na propia Hillary, que non soubo atraer a confianza? Si, se temos en conta como na campaña das primarias contra Obama so conseguía gañar en votos cando mostraba o seu lado máis humano e aparecía chorando como calquera muller. Moito se falou se o seu marido e ex presidente, Bill Clinton, lle prexudicaba ou lle favorecía co seu apoio. Pero a cuestión non era Hillary, a cuestión era que estabamos no momento Obama. O electorado estaba por un cambio máis radical. Apoiar a un negro era dobremente atractivo. O tema racial estaba maduro. Era unha cuestión vella pero, por vella, tamén desafiante. Un debate pendente como o de colocar na Casa Branca a un negro resultou moito máis determinante. A loita polo poder das mulleres pode esperar. Mentres Hillary, que ten moitos defectos, como calquera candidato masculino, republicano ou demócrata, terá que ver se expresa ledicia no momento apropiado; se esa mirada de advertencia que nos deixou ver na televisión lle favorece. Seríalle mellor calar en lugar de impoñer con tanta suficiencia. Ha de ter que optar entre agardar ou botar por diante esas frases de altura, que as ten, como calquera político de raza. Seguramente o seu novo cargo de Secretaria de Estado sexa unha ocasión para que reflexione; unha lección de humildade (vai ser a terceira muller que ocupe ese cargo) que lle servirá para, nun futuro, volver competir polo máximo posto político. Se non se lle dá outra oportunidade, non coñeceremos unha administración Hillary; unha ocasión perdida que os Estados Unidos non deberían deixar pasar, e menos cando teñen tanta tendencia a promover políticos mediocres. En todo caso deunos a impresión de que tiña os deberes feitos, pero iso non era suficiente. Nesta ocasión, cando parecía que estaba a punto de lograrse, volveu á primeira plana a cuestión racial con fervor popular. Antes que unha muller, os estadounidenses votaron a un negro. Obama débello a Hillary, porque, tan boa coma outros candidatos brancos, era unha muller.

Áurea Sánchez Puentes, gañadora do certame, traballou en TVE e foi correspondente de La Vanguardia.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xullo 2010
L M M X V S D
« Xuñ    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.