Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

600 euros para o certame xornalístico Dora Vázquez

07-01-2012

O concello de Arteixo convoca a décima edición deste certame que este ano leva por tema “Muller e deporte”. Poden participar todas as persoas que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal escrito en galego. O prazo de presentacion de orixinais remata o 31 de xaneiro de 2012. A persoa gañadora recibirá 600 euros e mais a publicación do seu artigo en varios xornais galegos.

Para máis información, pulse aquí e consulte as bases.

Actualidade APSC

Cartas inéditas de Borobó sobre a condición xornalística

02-01-2012

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela  grazas a colaboración do xornalista e escritor Raimundo García, fillo do ilustre xornalista e director de “La Noche” Raimundo García Dominguez (Borobó), quere dar a coñecer dúas cartas inéditas, dirixidas precisamente ao seu fillo xornalista, no ano 1978, e nas que fala da vocación xornalística. Polo seu interese e mesmo a súa vixencia, na APSC decidimos difundilas tamén como un tributo máis ás ensinanzas que nos legou o que foi gran mestre de xornalistas galegos e a quen a APSC ten contribuído a honrar a súa memoria, vida e obra co Premio Borobó, de xornalismo de opinión.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Asemblea Xeral da APSC

27-12-2011
ap1
Foto: Xoanma Porto. De esquerda a dereita, Rafael Cid, Áurea Sánchez, Luís Menéndez e Francisco J. Rodil

Un nutrido grupo de socios da APSC (Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela) reuníronse o día 21 de decembro para celebrar a súa asemblea anual no auditorio do hostal dos Reis Católicos, onde posteriormente tiveron un ágape navideño. Os xornalistas de Compostela repasaron as actividades do ano transcorrido destacando a crise pola que está a atravesar a profesión cunha alta taxa de paro e unha degradación constante da calidade da información. A APSC, que preside Luís Menéndez, impulsou durante 2011 varias iniciativas a nivel local, nacional e internacional, como a coñecida campaña contra as rodas de prensa sen preguntas, que será presentada proximamente no consello de Europa, en Estrasburgo. Tamén se porá en marcha un curso de formación para mulleres xornalistas especializado en información de xénero.

ap2
Foto: Xoanma Porto

Actualidade APSC

Cóctel de fin de ano

15-12-2011

A Asociación de Periodistas de Santiago convida a socias e socios e acompañantes ao cóctel de fin de ano que terá lugar no Hostal dos Reis Católicos o 21 de decembro de 2011, a partir das 20:30 h, a continuación da Asemblea Xeral da APSC. Prégase que os asistentes confirmen asistencia no enderezo apsantiagoc@hotmail.com

Actualidade APSC

A Asociación de Periodistas de Santiago rexeita e condena as declaracións do director de ABC

28-11-2011

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) lamenta e rexeita de modo contundente as declaracións vertidas polo director do diario ABC, Bieito Rubido, quen dixo textualmente:  “Sobran a metade dos periódicos, das emisoras de radio, das canles de televisión, e tamén a metade dos periodistas», pedindo ademais o peche das facultades de Ciencias da Información e de Comunicación.
A APSC considera estas declaracións irresponsables e totalmente inoportunas en momentos en que a profesión periodística, e mesmo o sentido social e democrático do xornalismo, está a atravesar unha grave crise que non só ten explicación por causas económicas.
A precariedade laboral, o intrusismo, a manipulación informativa e as presións políticas, económicas, e de todo tipo están a condicionar de xeito moi negativo e crecente a información e a liberdade de expresión en España e de modo especial en Galicia. Polo tanto na APSC cremos necesarios os centros universitarios de formación de  periodistas, centros dos que o periodista non só saia cos axeitados coñecementos para o desempeño responsable da súa importante profesión, senón cunha rigorosa conciencia ética do que supón facer información e exercer o periodismo.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

No Día Internacional contra a Violencia de Xénero

25-11-2011

A Agrupación de Mulleres Xornalistas da Asociación de Periodistas de Santiago fai un chamamento ós medios de comunicación sobre a responsabilidade que se lles outorga na transmisión de violencia contra as mulleres, cando se celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Estudos recentes, coma o presentado hoxe pola Federación de Mulleres Progresistas, revelan que a xente moza sigue asociando certas actitudes como propia dos homes a agresividade, mentres que consideran esperable que as mulleres desenvolvan actitudes de entrega aos demais. Tales crenzas, tiradas de respostas do alumnado de institutos, extrapolables a toda España,  son para os expertos un claro indicio de “actitudes temperás” de  posibles situacións de maltrato.

Os medios de comunicación seguen cualificando nalgunhas ocasión de “suceso” as mortes de mulleres a mans das súas parellas ou ex parellas, cando se sabe que son violencia de xénero. Noutros casos os medios de comunicación non seguen as pautas aprobadas polas asociacións  profesionais canto ó tratamento deste tipo de noticias.

Actualidade APSC

Luís Menéndez, en el grupo de periodistas del audiovisual europeo

24-11-2011

El BREG (Broadcasting European Expert Group), grupo de expertos para el sector audiovisual de la EFJ (Federación Europea de Periodistas) decidió incluir al periodista español Luís Menéndez en su comité directivo, como representante internacional de la Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE). Menéndez es, a su vez, presidente de la Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela y periodista de la Televisión de Galicia desde sus inicios. Los trabajos del BREG, organismo que preside el prestigioso periodista británico de la BBC y del Nottingham Post, John Barsby, están dirigidos a la supervisión de los derechos de los periodistas del audiovisual europeo así como a la defensa de los principios éticos y de la libertad de información. En este sentido fueron de gran relevancia los informes elaborados este mismo año 2011 sobre la crítica situación en el Reino Unido, especialmente con los recientes despidos en BBC World, los drásticos recortes en la televisión pública de Grecia (ERT), la protección a los periodistas perseguidos en Hungría o los decisivos acuerdos alcanzados entre patronos y sindicatos para las televisiones francesas. El comité directivo del BREG está integrado por 12 periodistas de otros tantos países europeos.

Actualidade APSC

Oferta de contratos curtos en Deportes da Agence France Presse

03-11-2011

O servizo de Deportes en lingua española da Agence France Presse (AFP) en París busca periodistas para contratos curtos (sustitucións). Os candidatos deben ter coñecementos de deportes e ser capaces de traducir noticias de francés e inglés ao castellano. Enviar CV a pablo.san-roman@afp.com á atención de Pablo San Román (Xefe do Servizo de Deportes en español da Agence France Presse).

Actualidade APSC

Estrea documental sobre a morte dos xornalistas en Iraq

25-10-2011

O director de cine e prestixioso xornalista grego Nikos Megrelis presentará por vez primeira en España o seu documental Shooting vs Shooting no marco do Festival Euro-Árabe Amal, organizado pola Fundación Araguaney, de Santiago de Compostela o xoves 27 de outubro, ás 20.00 h horas no Teatro Principal. O documental, que ten por lema Dying for the truth (Morrendo pola verdade) é unha intensa reportaxe sobre o conflicto mundial no que morreron máis xornalistas desde a II Guerra Mundial: a Guerra de Iraq, onde 350 xornalistas e traballadores dos medios de 10 diferentes países perderon a vida en Iraq no transcurso do seu traballo de informadores.

Megrelis, ao longo de 70 entrevistas, relatou no seu traballo numerosos casos nos que os xornalistas foron vítimas da barbarie bélica, tanto no chamado bando occidental coma no iraquí. Especialmente subliñable foi o caso da morte do reporteiro gráfico galego Xosé Couso, quen faleceu nun ataque contra do hotel onde se hospedaba feito desde un tanque norteamericano. Familiares directos de Xosé Couso, como a nai, irmáns e tíos, asistiron á proxección do filme. Megrelis entrevistou os familiares e amigos afectados polas desaparicións dos xornalistas en Iraq, como a propia nai de Couso, Maribel Permuy, ou o seu compañeiro Jon Sistiaga.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Younes M Jahed: “O cambio no mundo árabe debe concretarse en política”

22-10-2011

Coas recentes imaxes da morte de Gadafi, os cambios seguen imparables no mundo árabe. Así o manifestou Younes M´Jahed, Vicepresidente da Federación Internacional de Periodistas (IFJ) na conferencia organizada onte pola Asociación de Periodistas de Santiago, a Fundación Araguaney e a Fundación Carlos Casares.

Younes M’Jahed, que ademais de profesor universitario é presidente do Sindicato Nacional da Prensa Marroquí e vicepresidente da Comisión de Liberdades da Unión Árabe de Periodistas destacou o papel da Internet para a coordinación dos movementos na sociedades, principalmente o das redes sociais como instrumento para mobilizar os mozos. Da mesma maneira, sinalou que a rede pode axudar moito, pero por si soa non resolve os problemas.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Maio 2012
D L M M X V S
« Abr    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.