Actividades

A APSC participa na vida social, cultural e xornalística a través das seguintes actividades

Citas no Casino: Debates de actualidade sociocultural celebrados de xeito periódico no lendario café Casino de Santiago de Compostela.

Día do Patrón San Francisco de Sales
: Acto anual en honor do patrón dos xornalistas o 24 de xaneiro (reunión de xornalistas, rolda de prensa dun convidado especial, etc.)

Día Mundial da Liberdade de Prensa: Acto anual en defensa da liberdade de expresión o 3 de maio (conferencia en colaboración con Reporteiros Sen Fronteiras, etc.)

Comunicados e notas de prensa redactadas e publicadas en prol ou en contra dalgún tema de actualidade cando a Xunta Directiva ou os/as socios/as coa aprobación da Xunta Directiva, o estiman oportuno; ou simplemente para facer un chamamento ou toque de atención sobre algunha materia en cuestión.

Outras reunións nas se participa nelas activa e regularmente son:

Premio FEGAPE-Pen Club de Escritores de Galicia:  Colaboración entre ambas entidades para a convocatoria dun Premio de periodismo literario e acollemento dun periodista perseguido, solicitando Galicia como “terra de asilo”.

Asembleas Xerais FAPE e FEGAPE
: Membros da Xunta Directiva acoden cada ano en representación da APSC á Asemblea Xeral da FAPE  e da FEGAPE

Comisión de Garantías e Asuntos Profesionais: Comisión que se reúne varias veces ó ano para tratar asuntos relacionados coa ética profesional e á cal pertence un dos socios que compón a Directiva da APSC.

Premios e concursos FAPE
: Presencia activa nas distintas convocatorias de Premios e concursos organizados pola esta entidade.

Encontros de Mulleres Xornalistas do tipo do “Encuentro de la Red Internacional de Periodistas” (16-18 de novembro de 2007), que reuniu a profesionais de ambos xéneros para analizar o rol da muller na sociedade e na profesión periodística; “Encuentro Nacional de Mujeres Periodistas” (8-9 de febreiro de 2008) organizado pola Asociación de Prensa de Granada; Xornadas internacionais ‘Mujeres en Red’ que tiveron lugar en Sevilla o 13 de xuño de 2008; I Asemblea Nacional de Mulleres Periodistas (7-8 de novembro de 2008), organizada pola FAPE en colaboración coa AP de Cádiz.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.