Todos os socios e socias se poden beneficiar acreditándose co carné de periodista en entidades como:
Caixa Galicia: grazas a un convenio que a APSC asinou recentemente con esta entidade, os socios e socias da APSC poden obter descontos en préstamos, hipotecas, compra de vehículos, etc.
La Caixa: os socios e socias da APSC son automaticamente membros da FEGAPE e por tanto poden beneficiarse das prestacións económicas que a entidade galega asinou con esta entidade catalá.
Santander Central Hispano: convenio preferencial entre a FAPE e a entidade cántabra que afecta a todo tipo de operacións bancarias, ben sexan particulares ou de carácter profesional.
Ibercaja: convenio coa FAPE de colaboración financeira que recolle substanciosas vantaxes económicas (Tarxeta Aramon, Solred, seguro médico Cáser, etc.)
Hewllet Packard. Os produtos que se adquiran a través da tenda virtual terán prezos inferiores, entre un 10% e un 40% dos ofrecidos polas canles de distribución habituais.
Autoclub Repsol. Este convenio recolle importantes servizos en viaxes, seguros, asesoría e descontos en gasolineiras do grupo.
Hoteis. Convenios coa Cadea Sol Melia, Vincci, Grupo Hoteis-gestion, Auditorium, Grupo Hotelelero AC, Hoteles Sidi Saler e Sidi San Juan, Hoteles NH, Hispano Hoteles, Hoteles Santos e Zenit Hoteles. Tamén se pode gozar dos beneficios do complexo termal Tálaso Atlantico. Esta lista increméntase e renóvase periodicamente.
Axencias de viaxes. Marsans, Viajes Iberia e ICB Travel ofrecénlles aos socios e socias vantaxes tanto en viaxes de empresa como a título persoal.
Spanair. Descontos do 25% en todas as tarifas da compañía para o titular do carné FAPE e máis un acompañante.
Air Berlin. Ata un 50% de desconto para xornalistas, e un acompañante adulto, en voos vacacionais.
RENFE. Este convenio ofrece descontos dun 35% en billetes nacionais de ida e volta en grandes liñas.
Feiras e museos. Os socios e socias teñen acceso gratuíto á Feira de Madrid e ós museos de Patrimonio Nacional: Prado, Raíña Sofía, Thyssem, etc..
Myentrada.com. Ofrece durante o verán descontos de ata un 50% para o titular, familiares e amigos do carné FAPE en máis de 50 espectáculos musicais e teatrais en Madrid e Barcelona.
Adquisición de vehículos. A maioría das firmas automobilísticas ofrecénlles importantes descontos aos socios e socias da APSC, FEGAPE e FAPE para a compra de vehículos, tal é o caso de Mercedes-Benz, Toyota, Mazda, Peugeot, Opel, SAAB, Chevrolet, etc.
Talleres e produtos para o automóbil. Confort Auto posúe máis de 500 talleres por toda España con descontos que van desde o 10% ata o 20% en produtos e servizos.
Aluguer de automóbiles no territorio nacional amplos descontos con firmas coñecidas como por exemplo AVIS e ATESA
Ópticas. En distintas clínicas e entidades oftalmolóxicas ofrécense servizos en condicións preferentes: Visiondiez, San Gabino, Cottet, Ulloa Ópticos e Multióptica.
Sanidade. Caser Salud Integral actualizou o convenio e engade como asegurados a cónxuxes e fillos, sempre que convivan co membro de FAPE.
Esta lista amplíase progresivamente en función de novos acordos e convenios que a APSC, a FEGAPE e a FAPE trate e asine coas mesmas ou outras entidades.
Estes descontos poden consultarse máis polo miúdo na páxina de servizos da FAPE.
Para máis información sobre estes e outros servizos, contactar coa
Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela
Rúa Carlos Maside, 7,
12704 Santiago de Compostela
Tel.: 686 243 465 | 689 686 924
Correo electrónico: apsantiagoc@hotmail.com















